TEATRO DE SALA
Un dos obxectivos da Compañía Femme Fatale é a creación de novas linguaxes escénicas arredor do cabaré pensadas para representar en sala.
Deste traballo son froito as diferentes edicións da Gala Femme Fatale no contexto do Festival Galego de Cabaré, e levadas a cabo en teatros como o Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros, Teatro Principal de Pontevedra ou Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Outra parte da súa actividade consistíu na posta en marcha, estrea, distribución e posta en escea de diferentes montaxes propios, baixo a dirección de Nelson Quinteiro.
Nelas achegamos, dun xeito multidisciplinar e cunha linguaxe moi particular unha nova visión sobre o cabaré contemporáneo e sobre o teatro en sí mesmo.
Así foi o caso de LERCHAS, de 2007, unha comedia absurda sobre a trampa ling¸ística arredor do xénero na que mesturabamos o cabaré con disciplinas tan dispares como o clown, os malabares ou a danza contemporánea.
No 2008 chegoulle o turno a VARADAS, unha forte aposta para crear unha nova visión na que recreabamos un antigo cabaré abandonado sobre o que danzaban os pantasmas doutros tempos. Pantasmas de muller interpretados por 7 actrices nunha montaxe que non escatima en coreografías, monólogos e postas en escea que mesturan o cabaré convencional con novas propostas como a danza ou a escea contemporánea postas ó servizo da poesía e do discurso de xénero.
No ano 2009 veu a luz CABARÉNCRISE, un relato orwelliano sobre a crise e que ofrecía o cabaré como mellor bálsamo contra ela, por ser a ciencia da escasez. Unha obra de máis de 100 minutos de duración na que, coa presencia da St James Street band como banda en directo ou a voz de Carla de Figueredo poñíamos o cabaré galego nas súas máis altas cotas.
No ano 2010 a Compañía Femme Fatale creou o espectáculo REXURDIMENTO que fechou o V Festival Galego de Cabaré, e na que se facía unha compilación de traballos e escenas en homenaxe ós 5 anos de traxectoria da compañía… da xente que foi e da xente que chegou, dos traballos realizados e dos novos proxectos.
No 2011, por fin verá a luz a montaxe AS NENAS PERDIDAS, no que o linguaxe da compañía madura e ofrece un novo relato ó redor de Endexamais e presentando a un batallón de nenas perdidas, as grandes esquencidas por Barry, e que empregan a imaxinación, a capacidade de xogar ou a rebeldía como novo xeito de negarse a medrar.
Estrea en dúas sesións simultáneas, o 29 de outubro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e o día 4 de novembro no Auditorio de Ourense, con banda sonora da banda Micky Nervio & Bluesmakers.
Velos videos de:
VARADAS 1
VARADAS 2
GALA FEMME FATALE 2008
GALA FEMME FATALE 2009 1
GALA FEMME FATALE 2009 2
GALA FEMME FATALE 2009 3
CABARÉNCRISE 1
CABARÉNCRISE 2
CABARÉNCRISE 3
CABARÉNCRISE 4
|
|
|
|
|
|