RONDA POÉTICA
O Batallón Literario da Compañía Femme Fatale.
Trátase dun pasarrúas literario na que cinco actores caracterizados de escritores de inspiración decimonónica acompañados por un acordeonista percorren as rúas a golpe de versos, facendo improvisacións, agasallando poemas, relatando cadáveres exquisitos, recitando, escribindo versos no chan, bailando e interactuando cos viandantes nunha proposta moi visual e nada prosaica.
Un espectáculo de rúa que aborda a figura do escritor/a dende o concepto que del mesmo habita no imaxinario colectivo. Unha proposta que reivindica o papel da poesía e o seu espazo nas nosas vidas. Un pasarrúas itinerante con música en directo que axunta unha posta en escea moi coidada cunha interpretación que reivindica a exaltación poética.
Despois de pasar por O Día Internacional do Libro da Coruña ou polo aniversario da Esmorga en Ourense "Ronda Poética. Batallón Literario" aparece como unha proposta axeitada para calquera tipo de acto ao redor da Literatura.
Descargar hemeroteca en
PDF
Velo
VIDEO
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|