as nenas perdidas
AS NENAS PERDIDAS

Cando Barry artellou o país de Endexamais esquenceuse das nenas. Ó inventor dun mundo imaxinario onde os nenos se negaban a medrar e podían voar quedóuselle no tinteiro a metade da poboación infantil do planeta Terra.

AS NENAS PERDIDAS é un espectáculo de cabaré contemporáneo que profundiza neste mito, o de Endexamais, con un Batallón de Nenas Perdidas, que reivindican a propia imaxinación, a capacidade de xogar, a seducción ou a rebeldía como nova forma de negarse a medrar.

Peterpanismo, xogo de sombras ou cabaré para rexurdir reivindicando unha evasión romántica ós tempos que nos tocou vivir.

ELENCO Bea Bravo, Carla de Figueredo, Greta Marí, María Polo, Nelson Quinteiro, Saamira Ganay, Uxía Vázquez, Yolanda Paz.
DURACIÓN 100 minutos.
XÉNERO Cabaré Contemporáneo.
IDEA E DIRECCIÓN Nelson Quinteiro.
ESTREA 29 de outubro de 2011. Teatro Rosalía de Castro da Coruña. VI Festival Galego de Cabaré // 4 de novembro de 2011. Auditorio Municipal de Ourense.

Ver notas da prensa en PDF