COMPAÑÍA FEMME FATALE

A Compañía Femme Fatale é unha agrupación de teatro e danza que ten como seña de identidade a investigación e a creación de novas linguaxes escénicas arredor do cabaré.

Con sede na Coruña e dirixida por Nelson Quinteiro, que á súa vez dirixe e coordina o Festival Galego de Cabaré, está formada por un nutrido grupo de artistas, que integran un feixe de disciplinas escénicas integrándoas nos seus diferentes espectáculos.

Cun plan de traballo incansable parecen na actualidade como a aposta máis sólida dentro do panorama cultural galego arredor do cabaré.

No 2009 participan, entre outras das seguintes programacións:
1. Festas de Entroido de Santiago de Compostela (pasarrúas, pregón e gala).
2. XX Festival Internacional de Teatro de Rúa de Lekeitio (Bizkaia).
3. Festas do Apóstolo 2009.
4. Festas de Vigo 2009.
5. IV Festival Galego de Cabaré da Coruña.

A investigación desta compañía plásmase tanto en montaxes de sala (Lerchas, Varadas, Cabaréncrise, Máldito Láudano) coma en montaxes de rúa (Pasarrúas Cabareteiro, Cabarédeambulante, Ronda Poética, Prét á Porter), amosando, no seu corto período de vida, unha creatividade e unha actividade escénica moi destacable.