brancas · a-salto-de-cama · ronda poética · bonjour bonjour!
A-SALTO-DE-CAMA.
Pracer e liberdade


Unha instalación en forma de dormitorio.

Un espazo imaxinario e compartido onde contar os nosos segredos de alcoba, os nosos desexos máis ocultos, as nosas fantasías eróticas ou os desbarres da nosa imaxinación.

Unha obra concebida instalar un dormitorio en espazos non convencionais, preferiblemente cubertos e destinado a un público adulto dada a súa elevada carga erótica e sensual.

Unha obra de cabaré contemporáneo co selo e linguaxe de Nelson Quinteiro, director do Festival Galego de Cabaré e da Compañía Femme Fatale.

Verlo VÍDEO

COMO Fusionando diferentes disciplinas como a performance, o cabaré ou o burlesque de xeito que atopen as máximas dimensións estéticas e artísticas.

QUEN Un equipo multidisciplinar de artistas entre os que se atopan Carla de Figueredo, Greta Mari Rodríguez, María Polo, Nelson Quinteiro, Saamira Ganay e Yolanda Paz, especialistas en intervención urbana, teatro de rúa, performance, danza, cabaré, canto ou burlesque.

POR QUE A obra foi concebida para a campaña "A-Salto-de-Cama" do Centro de Planeamento Familiar da Coruña, en colaboración coa Concellaría de Sanidade e Servizos Sociais da Coruña, como unha campaña sanitaria para falar da sexualidade, outro tipo de comportamentos, de hábitos, de conductas, dende unha perspectiva se cabe artística e rompedora.

Vela hemeroteca en: PFD