BRANCAS. Itinerario Escénico Urbano
"Brancas" revélase como un rico e frutífero traballo de interacción entre disciplinas, artistas e público, nunha xornada na que a poética da posta en escena e a linguaxe artística se fusiona co cotidian e transcende os formatos habituais de exhibición.
Enfiando unha narración plástica ao redor da luminosidade e a expresividade do branco, os sete artistas participantes debuxan un lenzo espacial no que deixan impresa a súa particular pegada.
A tradición e a muller na arte e no colectivo imaxinario son as dúas grandes protagonistas temáticas da montaxe. Imaxes de potente carga simbólica, social e cultural, interpretadas en pezas que apelan directamente a temas recorrentes na maioría das manifestacións artísticas populares galegas.
Lavandeiras, redeiras, baile e vestiario tradicionais son revisitados transversalmente a través da performance, a expresión corporal, a danza e o mimo.
A literatura, outro dos eixos centrais da montaxe, focaliza accións colectivas en torno ao libro, ao poema e á enerxía lírica da palabra en diálogo coa música e o movemento.
Unha nova concepción en canto a formatos de exhibición, acotando espazos escénicos en entornos abertos a través de obxectos e materiais cotiás -farelo, papel, corda, pinzas- poñendo de manifesto unha exploración e redifinición en canto á creación de entornos inusuais e propicios tanto para a representación como para a recepción do feito artístico.
ELENCO Bea Bravo, Fabiana Gastaledello, Greta Marí Rodríguez, Iván Villar, María Polo, Nelson Quinteiro, Yolanda Paz.
XÉNERO Itinerario Escénico Urbano. Espectáculo itinerante por diferentes espazos urbanos ou museísticos. Acción expansiva e simultánea.
DURACIÓNS 4 horas
Velo
VÍDEO
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|