cabarédeambulante · ronda poética · prét á porter
CABARÉDEAMBULANTE

CABARÉDEAMBULANTE é un espectáculo de improvisación e intervención urbana.

4 músicos de jazz (caixa, tuba, saxo e trompeta) acompañados de 5 actrices e un mestre de cerimonias percorren as rúas a golpe de purpurina, tacóns e altas doses de glamour envoltas baixo un fío conductor coreográfico.

CABARÉDEAMBULANTE é unha ruptura coa cotidaneidade, un espectáculo para todos os públicos que enche de cor, música dixie e teatro de rúa as rúas, prazas e espazos urbáns.

En CABARÉDEAMBULANTE todo é posíbel. Unha alameda pode converterse nun bulevar, unha terraza dun bar nun Music Hall, o kiosko dos músicos pode ser escenario improvisado dun can can.

É un espectáculo sobre todo itinerante que se adapta ó itinerario que nos sexa marcado, facendo uso de todo o que esté ó noso alcance para subvertir a realidade.

En CABARÉDEAMBULANTE hai mimo, coreografías de swing, improvisación, animación de rúa e música en directo.

Un espectáculo que percorreu prazas como Madrid, San Fernando de Henares, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Ferrol , Lekeitio ou Laxe.

Descargar hemeroteca en PDF: Parte 1 Parte 2